InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
15 November 2022
Cada vez Berta Dávila é parte imprescindible da miña biblioteca persoal. Despois de Un elefante na sala de estar, sigo con Os seres queridos donde lle da un novo valor ao que significa ser nai ou a ese "amor maternal" que se supón debemos sentir polo feito de selo, facendo un percorrido por todas as súas aristas.
Moito se fala sobre as nais pero pouco se conta en primeira persoa; do que sentimos, de como trascendemos, de como permuta a nosa identidade, de como transitamos por ese loito que é deixar de ser unha para ser outra. Porque do pouco ou nada que se durme, do cansancio, do hastío de coidar un bebé vintecatro-sete fálase en calquera conversa informal, pero, entre ti e mais eu, a cantas nais lle preguntaste si seguía sendo a mesma?
.
Parte diso está aquí, nesta fermosa novela lírica, sutil e sosegada cuxos temas principais son a depresión postparto e o ab*orto, aínda que tamén o son as relacións e os vínculos.
É unha obra excelente, diso non teño duda, Dávila é moi agradable na escrita. Pero sinto o mismo que cando lin Carrusel, necesitaba algo mais crudo, unha bofetada na cara. Necesitaba del un libro que me deixase emocionalmente pensando durante días.
De todas maneiras, agradecida estou coa autora por falar da maternidade, algo que precisa con urxencia a literatura galega.
Se eres nai e nalgún momento tiveste ou tes unha crise de identidade, tranquila, hai silencios, pero non estás soa.
.
Remato este relato e tópome cun artigo que comparte a asociación PETRA denunciando o tabú que sigue existindo arredor da depresión durante o puerperio. O titular é estremecedor : El tabú de la depresión posparto: "Llegué a tener pensamientos suicidas todos los días de la semana
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro