InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de albertemoman


albertemoman
08 April 2021
Pasados os meses, en certa maneira con saudades daquela escrita doce e íntima, traballada de maneira obsesiva, fixen por achegarme a Illa decepción. Inicialmente, pensei que non sería quen de atraerme unha narrativa sobre os fogares xa que, no meu utilitarismo, non lle dou máis valor a unha casa do que é quen de ofrecer ou para o que foi construída. E, malia todo, recibín con gusto as relacións que se establecen na narración ao redor dos recordos, das vivencias, sensacións e estímulos xerados ao redor do fogar. Resaltar as cousas pequenas, os acontecementos que adoitan pasar desapercibidos ten o aquel de espertar a necesidade de revivir situacións do pasado. Hai máis Berta Dávila neste libro que fala e non fala de si mesma ou, directamente, que é unha forma de subxectivizar o suxeito, que reconstrúe constantemente a súa historia.

Enlace: https://sensilencios.blogspo..
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro