A primeira autobiografía que ocupou sitio na miña biblioteca foi a de Malala Yousafzai; fascinada polo relato e polo xénero anos despois apareceu Ángela Davis. Filósofa, escritora, profesora na Universidade de California, políticamente marxista, activista afrofeminista; antirracista e abolicionista do sistema penitenciario. Davis escribiu a súa historia de vida con 28 anos. Unha linea de vida marcada pola loita social nos EEUU a través da afiliación no Movemento de Liberación Negro entre os anos 60 e 70. . Trátase unha biografía bastante densa acorde a unha historia de vida intensa e revolucionaria, como non podía ser menos. Estruturada en seis pasaxes, o mais complexo de dixerir foi o capítulo de Redes, o cal parte da busca e captura de Ángela Davis, acusada de asasinato, secuestro e conspiración por atoparse involucrada no caso "Los hermanos de Soledad" ,co posterior ingreso en prisión e o traslado ao pabellón psiquiátrico. Moi duro relato, pero Davis sabe levarnos moi ben á raíz das problemáticas sociais a través do seu pensamento. "Cómo podía dar un solo paso hacia su curación la mujer de la celda contigua a la mía si el psiquiatra que trataba no era consciente de que el racismo, como una enfermedad endémica, infecta cada articulación, cada músculo y cada tejido de la vida social de este país? Aquella mujer se estaba pudriendo en un pozo de racismo, se torturaba a sí misma diariamente con sus obscenos y gráficos fantasmas. Para entender su enfermedad habría sido necesario entender a aquella sociedad enferma que le había enseñado a odiar a los negros". . Davis é unha muller increíble, todo un icono do movemento polos dereitos civís das persoas negras, unha referente e fonte de inspiración para a comunidade, pero "cierren los ojos y piensen lo que significa ser mujer, ser negra y ser comunista". + Leer más |