Esta foi a primeira lectura obrigatoria do meu fillo e eu aproveitei para reléela xa que nada lembraba. É unha historia interesante e moi entretida para ser lida pola rapazada. É a única novela que escribiu Castelao. Unha xoia da literatura galega, como non pode ser doutra maneira. Ten unha estrutura de capítulos curtos, a modo de relatos, nos que nos van contando as andanzas de Pedriño e Rañolas. Con dous protagonistas ben caracterizados e na que se fai unha radiografía da realidade dos galegos e galegas daquela época Pedriño é fillo dunha familia numerosa e moi pobre cuxa única obsesión é comer. Rañolas quen a pesar da eiva das súas pernas, procura mazás para que Pedriño lle aprendese a ler. Velaí surde a súa amizade. Hai dúas figuras femininas que teñen o seu peso na novela e que forman parte da vida de Pedriño, a tía Ádega e a súa sogra Filomena. |