InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
ISBN : 8491219021
128 páginas
Editorial: Edicións Xerais (01/04/2021)

Calificación promedio : 5/5 (sobre 1 calificaciones)
Resumen:
A poeta Yolanda Castaño cóntanos neste libro a vida de Xela Arias e móstranos como xa na infancia dunha nena escritora se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man. A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma.Xela Arias foi precursora e un auténtico referente para xeracións de autoras galegas. Unha muller qu... >Voir plus
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Críticas, Reseñas y Opiniones (1) Añadir una crítica
Airunneko
 23 May 2021
Son unha apaixoada das biografías, e ésta non a podía deixar escapar.
Foi a segunda lectura que fixen con motivo do Dia das Letras Galegas 2021.

“Xela quixo ser ela” está escrito por Yolanda Castaño.
E unha biografía curtiña, que se compon de 36 capítulos.
Comeza dende a súa infancia, fálanos do ambiente no que se criou, o cambio de pasar de vivir no rural a cidade, as influencias que lle foron transmitindo os pais, os seus traballos e estudos, o que adoitaba facer no seu tempo de lecer, o responsable e o amor que lle adicaba os seus irmáns, a súa vida de parella, cando naceu o seu fillo Darío, como foi escribindo a súa obra… e ese final tan repentino que tivo.

Sinto-me ignorante porque para min Xela, era descoñecida ata fae pouco.
Grazas a Yolanda agora coñezo un pouquiño mais sobre a sua vida.
Sen dúbida algunha, sinto unha gran admiración hacia ela, pois foi unha muller con moitos valores, que fuxiu de prexuízos, que quixo romper normas, e que non se deixou levar po-lo que se quería impoñer na época para o xénero feminino.

Se aínda non liches nada sobre ela, este libro é perfecto.

Tamen me gustou moito o detalle que tivo a editorial de poñer nunha das solapas un marcapaxinas a xogo co libro, que podes recortar e usar para non perder o fío da lectura.
+ Leer más
Comentar  Me gusta         10
otros libros clasificados: biografíaVer más
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro


Lectores (1) Ver más