InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest

Núria Molines Galarza (Traductor)
ISBN : 8413620538
1056 páginas
Editorial: Alianza (15/10/2020)

Calificación promedio : 4/5 (sobre 1 calificaciones)
Resumen:
Aún no tenemos la descripción del editor en nuestra base de datos (contraportada)
Añadir la descripción del editor

También puedes contribuir a la descripción colectiva redactada por los miembros de Babelio.
Contribuir a la descripción colectiva
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Críticas, Reseñas y Opiniones (1) Añadir una crítica
albertemoman
 08 April 2021
Cando Ken Loach executa ese realismo social que se lle atribúe aos seus traballos, por medio da trama e dos personaxes constrúe a crítica dun sistema que erra nas súas estratexias, converténdose nun grande xerador de pobreza. En ningún momento busca estigmatizar ás clases populares por medio de clixés degradantes.
Non é o caso de Sibylle Berg no seu GRM Brainfuck, que ben podería ter por título Como construír unha novela a base de clixés. Debo confesar que só levo cen páxinas da novela, pero xa creo ter unha imaxe mental de todas os filmes de serie B do cinema americano dos anos oitenta e noventa. Cine con algún carácter social, por suposto, no que se representaba a pobreza e a raza como a cerna da delincuencia. É certo que o presente suxire sempre grandes distopías pero, describir a degradación dunha sociedade a partir das persoas excluídas, ao meu modo de ver, comporta certos problemas. Por moito que a acumulación de desgracias que Berg describe se fundamenten nunha realidade máis ou menos plausible, é importante demostrar certo contraste que, probablemente, forme parte dunha realidade palpable. Doutro xeito, semella que quen escribe esas liñas vive moi afastada da clase que intenta representar nas súas páxinas. Entendo que as persoas que premiaron a autora co máximo galardón literario suízo, é posible que se sintan cómodas coa descrición que realiza Sibylle Berg dunha parte da sociedade, que aumenta os seus efectivos segundo se executan as distintas políticas neoliberais. Pode que a aceptación do statu quo e a participación activa dun sistema que exclúe a unha grande parte da cidadanía, nubrase a súa percepción da realidade.

Berg aproveita os efectos do thatcherismo para localizar o seu presente distópico. Aquela involución nos dereitos sociais e laborais, compuxeron un grande caldo de cultivo para a estigmatización da pobreza. O que resulta chocante é que, malia describir con toda a exactitude que lle permiten as cincocentas páxinas do libro a destrución dos dereitos fundamentais, ela mesma toma un papel distante, segundo o que conta nunha entrevista para DeutschlandRadio Kultur. Podería estar errado na miña percepción sobre o asunto, pero desconfío sempre dos talantes meramente descritivos, sobre todo cando se fala de temas sociais tan graves, describindo como se conculcan os dereitos da poboación, para acabar manifestando que non ataca o neoliberalismo. Cando leo algo así, paréceme que a clase obreira sufre para nada. Narrar tanta desolación, ao meu modo de ver, ten que ter un sentido último, pode que o sentido que Ken Loach dá aos seus filmes. Con todo, podo estar errado. Seguirei lendo até que a dor descrita se faga insoportable.
Enlace: https://sensilencios.blogspo..
+ Leer más
Comentar  Me gusta         00

Las críticas de la prensa (1)
elperiodico14 January 2021
La novela de Sibylle Berg tiene la fuerza emitida por un naufragio inevitable, el que todos estamos viviendo aquí y ahora.
Leer la crítica en el sitio web: elperiodico
Libros más populares de la semana Ver más
Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro




Test Ver más

¿Autor o autora?

La edad de la inocencia

autor
autora

14 preguntas
24 lectores participarón
Crear un test sobre este libro