InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de Iriagi


Iriagi
21 November 2021
AC: VdX, gaslighting, pensamento homicida.
.
Contenta de que "No, mamá, no" caira nas miñas mans casi que de maneira fortuita, e á súa vez forme parte das mellores lecturas deste ano.
Pero..como poder contarvos aspectos deste libro sin adentrarnos na súa intimidade?
Implícitamente trata temas suxeitos á opinión crítica, pero non podo... revelaríavos demasiadas cousas!
.
A novela foi publicada en 1978 e a pesar das décadas de progreso, os temas que se tocan todavía siguen vixentes, pero dos que se fala tímidamente.
Verity Bargate escribe un relato sobre a depresión postparto a través de Jodie, que da a luz ao seu segundo fillo.
En Jodie florecen sentimentos moi heavis como a infelicidade, ante a desilusión de non ter tido unha nena. Este pensamento repítese varias veces na lectura como fruto do desapego materno. Necesitaba ante todo poder dar a esa filla todo o amor maternal do que ela carecía.
Alén diso, as esixencias psicofísicas de ter un bebé, a precariedade- dependencia económica,  o maltrato psicolóxico ao que está sometida, tamén son consecuencia do seu estado emocional, así se vai autodescubrindo ao longo da narración.
.
A protagonista transita por todo isto acompañándose das súas lecturas favoritas, a crianza, e a aparición de persoaxes coma Joy; unha amiga da adolescencia e Jack; un home ao que aínda non coñecéndoa de nada a abrazou moi forte.
.
Bargate adéntranos neste abismo da maternidade cunha narrativa abrupta e sen filtros, coas súas sombras. A maneira de relatar tívome en vilo dende o primeiro parágrafo, pois sabía que algo ía suceder pero descoñecía o cando e o como, e aínda que o intuía, ao final nada do que pensei se asemellaba, porque foi moito peor. 
Encantaríame que animadas despois desta reseña leeades a Verity e a comentemos, en espazos seguros, porque a pesar das súas 176 páxinas, Bargate condensa temas relevantes como a correspondabilidade afectiva, as expectativas da maternidade, a violencia de xénero nas súas múltiples formas, o descoñecemento da depresión postparto dende a area sanitaria, roles de xénero, a amizade e a unión dos homes contra as mulleres
Comentar  Me gusta         00



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro