InicioMis librosAñadir libros
Descubrir
LibrosAutoresLectoresCríticasCitasListasTest
>

Crítica de albertemoman


albertemoman
08 April 2021
Cando lin a primeira referencia a Panza de burro, veume inmediatamente á cabeza a palabra chav, ese vocábulo provinte do romaní, deturpado pola clase dominante inglesa para estigmatizar ás crianzas da clase traballadora, fortemente golpeada pola pobreza, creando estereotipos que a denigran coa intención de marxinala, impedindo así calquera tipo de progreso social. Pareceume interesante cuestionar certos estereotipos por medio desta lectura, un libro dunha rapaza provinte dun barrio da clase obreira canaria, ao pé do volcán, e, como outro elemento simbólico importante, unha característica da meteoroloxía que provoca unha brétema mesta que separa, aínda máis, a esta parte da poboación da sociedade privilexiada que habita as partes baixas, co clima polo que é coñecido o arquipélago. Afrontei as primeiras páxinas coa idea moi presente de como a cultura literaria e cinematográfica describía a xuventude máis humilde, exemplificada en filmes como A laranxa mecánica ou naquel libro, tan representativo da miña adolescencia, Rebeldes de Susan E. Hinton.
Axiña descubrín un texto sinxelo e desprovisto de catalogacións absurdas e deliberadamente ferintes. Unha narración descritiva e emocionante redactada por unha man infantil que describe, inocentemente, a vida no seu barrio. Pero é moito máis, é unha aproximación á vida da clase obreira coa perspectiva da propia clase obreira, cos condicionantes propios da precariedade na que se desenvolven, exiliados, tamén, na súa propia terra, polo efecto do turismo que todo o coloniza.

Pareceume unha lectura fondamente humana e necesaria para comprender a evolución da inocencia infantil nun contexto difícil.


Enlace: https://sensilencios.blogspo..
Comentar  Me gusta         10



Comprar este libro en papel, epub, pdf en

Amazon ESAgapeaCasa del libro
Apreciaron esta crítica ()(1)ver más