Son unha apaixoada das biografías, e ésta non a podía deixar escapar.
Foi a segunda lectura que fixen con motivo do Dia das Letras Galegas 2021.
“Xela quixo ser ela” está escrito por Yolanda Castaño.
E unha biografía curtiña, que se compon de 36 capítulos.
Comeza dende a súa infancia, fálanos do ambiente no que se criou, o cambio de pasar de vivir no rural a cidade, as influencias que lle foron transmitindo os pais, os seus traballos e estudos, o que adoitaba facer no seu tempo de lecer, o responsable e o amor que lle adicaba os seus irmáns, a súa vida de parella, cando naceu o seu fillo Darío, como foi escribindo a súa obra… e ese final tan repentino que tivo.
Sinto-me ignorante porque para min Xela, era descoñecida ata fae pouco.
Grazas a Yolanda agora coñezo un pouquiño mais sobre a sua vida.
Sen dúbida algunha, sinto unha gran admiración hacia ela, pois foi unha muller con moitos valores, que fuxiu de prexuízos, que quixo romper normas, e que non se deixou levar po-lo que se quería impoñer na época para o xénero feminino.
Se aínda non liches nada sobre ela, este libro é perfecto.
Tamen me gustou moito o detalle que tivo a editorial de poñer nunha das solapas un marcapaxinas a xogo co libro, que podes recortar e usar para non perder o fío da lectura.
+ Leer más