Xente normal de Sally Rooney
Por un intre parece posible conservar ambos os mundos, ambas as versións da súa vida, e pasar dun a outro coma quen cruza unha porta. Pode ter o respecto de alguén coma Marianne e tamén ser ben visto no instituto, pode formar opinións e preferencias secretas, non ten que xurdir conflito ningún, non ten que esscoller nunca entre unha cousa e outra. Con só un pequeno subterfuxio pode vivir dúas existencias completamente independentes, sen enfrontarse nunca á pregunta definitiva de que facer consigo mesmo ou que clase de persoa é. Este pensamento é tan reconfortante que por uns segundos evita a mirada de Marianne, para que esa convicción dure un pouco máis. Sabe que cande a mire non poderá seguir créndoo.
|