[GAL] Pese a non ser especificamente especialista en educación, o pediatra Carlos González hai anos que é un dos meus referentes no que ao trato coas crianzas se refire.
En "Mi niño no me come" diríxese ás familias (especialmente ás nais debido a que durante os primeiros meses/anos de vida son elas as que nos soen aleitar) para intentar contestar ás súas dúbidas e preocupacións sobre os momentos de alimentación das nenas e nenos máis pequenos.
Como mestra, aínda que unha das miñas menores preocupacións é que as crianzas teñan épocas de comer máis ou menos, este libro serviume para reafirmarme en moitas das miñas actitudes no traballo diario. Seguramente para alguén que non teña moito coñecemento sobre o desenvolvemento das crianzas poida aportarlle máis novidades que a min. Porén iso non quita o enormemente valioso que me parece este libro, xa que seguramente moita xente que o lea darase conta de que todos eses medos e preocupacións que temos as adultas son temores infundados (moitas veces polas propias persoas especialistas que tratan ás nosas criaturas) e que, en realidade, as nenas e nenos teñen unha gran capacidade de autorregulación e, sobre todo, teñen unha capacidade máxima de almacenaxe dos alimentos (igual que as adultas, vaia!).
Hai algunha cuestión das que comenta coa que non estou 100% de acordo, pero evidentemente ninguén ten a razón universal sobre ningún tema. Aínda así, é un libro totalmente recomendado para calquera persoa que estea en contacto con nenas e nenos de curta idade.
[CAS] Pese a no ser específicamente especialista en educación, el pediatra Carlos González hace años que es uno de mis referentes en lo que al trato con niños y niñas se refiere.
En "Mi niño no me come" se dirige a las familias (especialmente a lass madres debido a que durante los primeros meses/años de vida son ellas las que nos suelen amamantar) para intentar contestar a sus dudas y preocupaciones sobre los momentos de alimentación de las niñas y niños más pequeños.
Como maestra, aunque una de mis menores preocupaciones es que las niñas y niños tengan épocas de comer más o menos, este libro me sirvió para reafirmarme en muchas de mis actitudes en el trabajo diario. Seguramente para alguien que no tenga mucho conocimiento sobre el desarrollo de las criaturas pueda aportarle más novedades que a mí. Sin embargo eso no quita lo enormemente valioso que me parece este libro, ya que seguramente mucha gente que lo lea se dará cuenta de que todos esos miedos y preocupaciones que tenemos las adultas son temores infundados (muchas veces por las propias personas especialistas que tratan a nuestras niñas y niños) y que, en realidad, las niñas y niños tienen una gran capacidad de autorregulación y, sobre todo, tienen una capacidad máxima de almacenaje de alimentos (igual que las adultas, ¡vaya!).
Hay alguna cuestión de las que comenta con la que no estoy 100% de acuerdo, pero evidentemente nadie tiene la razón universal sobre ningún tema. Aún así, es un libro totalmente recomendado para cualquier persona que esté en contacto con niñas y niños de corta edad.
+ Leer más