![]() |
Hôzuki de Aki Shimazaki
Lembro a frase que Shôji me soltara unha vez: "O pensamento é unha prerrogativa do ser humano". Eu non sabía de quen sacará aquel tópico, pero só vía nel arrogancia. Dixéralle: "Os animais tamén falan, observan, reflexionan, recordan, teñen medo, pelexan, agóchanse... Non viven só por instinto, e poida que teñan un pensamento máis sabio ca o dos homes". Shôji dixera, rindo: "Por que non?". Sócrates bocexa. Frega a cabeza contra a miña man. Dígolle: -Cres que o pensamento é unha prerrogativa dos gatos? O ceo cóbrese cada vez máis de nuboeiros. Teño frío. Levántome e recollo a manta. Nese momento oio a Shoji: "O aborto é unha das prerrogativas do ser humano". |